Thursday 02 de May de 2024

O presidente da Deputación da Coruña recibiu ao triatleta de Dodro Uxío Abuín


O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, recibiu ao triatleta de Dodro Uxío Abuín na Deputación. No encontro, Diego Calvo, felicitou a deportista de 23 anos polos logros conseguidos este ano ((O Campionato de España de Triatlón e medolla de oro sub 23 sobre distancia olímpica, quedou campión da triatlón de Zarautz e logrou a segunda posición no triatlón Fuente Álamo)) e animouno a seguir traballando coa misma forza, xa que é exemplo de “superación e constacia”.
Uxío Abuín é un dos deportistas que reciben unha bolsa da Deputación para facilitar os custes das competicións.

Enviamos fotos da recepción, na que tamén estiveron a presidenta da Deputación e responsable da área de Deportes, Mariel Padín, e os alcaldes de Dodro, Rois e Padrón, que colaboran como patrocinadores do triatleta. Uxío Abuín estivo acompañado polos seus familiares durante a entrega da metopa por parte do presidente provincial.